Arnefrido de Friúl
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Arnefrido (? – Nimis, 663) foi un duque longobardo de Friúl, fillo do duque de Friúl Lupo
Á morte do seu pai Lupo, morto en batalla ante os ávaros que invadiran o ducado de Friúl chamados polo rei longobardo Grimoaldo (que quixera deste xeito castigar a rebelión do duque), Arnefrido reclamou para si o trono ducal. Grimoaldo, porén, atopábase aínda no ducado co seu exército; así Arnefrido, teméndoo, buscou refuxio onda os veciños eslavos, en Carnunto. Desde aquí partiu, á fronte dos mesmos eslavos, cara a Italia, coa intención de reconquistar o ducado; pero foron os mesmos longobardos friulanos quen o detiveron, asaltándoo e matándoo preto do castelo de Nimis, non distante de Cividale (663). No seu posto, Grimoaldo nomeou duque ao fiel Vechtari.
[editar] Fontes
- Paulo Diácono, Historia Langobardorum (Historia dos longobardos, Lorenzo Valla/Mondadori, Milano 1992).