Conversa:Arda
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Fixen algunhas modificacións no contido do artigo, que explico a seguir:
- Movín a parte na que se fala das Terras Escuras e da Terra do Sol (o termo Romenor non se menciona nunca na obra de Tolkien, só no xogo e rol) porque tal e como estaba semellaba que eses continentes (tamén engadín esta aclaración) foran creados após a destrución de Beleriand.
- No texto dicíase que a destrución do Anel Único foi obra das forzas conxuntas de Gondor e Rohan. Nada máis lonxe da realidade. Por tanto, eliminei esa afirmación. A derrota de Sauron debeuse unicamente á destrución do Anel "por accidente" e da man de Gollum, ao caer á lava do Monte do Destino. Nin sequera se podería dicir que foi obra de Frodo, xa que este sucumbira ao poder do Anel así que chegou ás Fendas do Destino.
- Tamén mudei un pouco algunhas outras frases cuxo estilo soaba un pouco estraño, probabelmente porque este artigo é unha tradución do castelán, que á súa vez é unha tradución do artigo en lingua inglesa.
--Manudosde 20:04, 30 xaneiro 2008 (UTC)