Arda
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Arda é un territorio ficticio do legendarium de J.R.R. Tolkien, no que se desenvolven a meirande parte dos acontecementos narrados na súa obra de ficción. Arda forma parte de Eä (o universo de Tolkien), é o equivalente ficticio da Terra e está formada á súa vez por varios mares, oceanos e continentes, entre os que se inclúen a Terra Media e Aman. Arda foi creada, xunto co resto de Eä, coa música dos Ainur para os fillos de Ilúvatar (isto é, elfos e humanos).
[editar] Visión xeral
Aviso: Esta sección pode revelar detalles da trama ou do argumento.
A Historia de Arda |
---|
Anos Valianos
|
Idades dos Fillos de Ilúvatar |
Batalla Final |
Liña Temporal de Arda |
Orixinalmente era un mundo plano, cuxos continentes estaban rodeados por un poderoso océano, Ekkaia ou Mar Circundante, e separados por Belegaer, chamado o Gran Mar. Na Primeira Idade, na área do noroeste da Terra Media estendíase o país de Beleriand, mais este foi destruído durante a Guerra da Cólera. Ao sur e ao leste da Terra Media estaba o continente da Terra Escura e ao leste o da Terra do Sol.
Na Segunda Idade, Númenor foi levantado no Gran Mar para os Edain. Esta illa existiu durante a maior parte da Segunda Idade, mais foi destruída como resultado do orgullo dos númenorianos ao desafiaren a Prohibición dos Valar de navegar a Aman no oeste.
Despois da destrución de Númenor, Arda foi feita redonda. Aman foi extraído do mundo, de maneira que só o podían atinxir os elfos, seguindo o camiño recto que lles foi concedido. Ao tempo, novas terras e continentes foron creados.
Un pouco antes da caída de Númenor, un pequeno grupo de homes (liderados por Elendil, e os seus fillos Isildur e Anárion), escapou da destrución próxima e asentouse no oeste da Terra Media, formando así os reinos de Gondor (cerca do reino de Sauron (Mordor)) e Arnor (cerca dos Reinos Elfos dos Portos Grises e Valfendido). Estes reinos de elfos e homes loitaron contra a maldade de Sauron durante toda a Terceira Idade.
A fin da Terceira Idade ocorreu pola caída de Sauron e a destrución do Anel no Monte do Destino. A Cuarta Idade comezou con grande esperanza de man dos dúnedain que vían a Aragorn, o novo rei de Gondor, como o fundador da Era dos homes.
Co devir dos séculos, Arda chegaría a ser o planeta Terra tal cal o coñecemos hoxe.
[editar] Habitantes
[editar] Xeografía
- Aman
- Terra Media
- Terra Escura
- Terra do Sol