A Rioxa - La Rioja
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
|||
Capital | Logroño | ||
Lingua oficial | Castelán | ||
Superficie - total - % de España |
Posto nº 16 5.045 Qm² 1 % |
||
Poboación - Total (2005) - % de España - Densidade |
Posto nº 17 301.084 0,7 % 59,67 hab./Qm² |
||
Xentilicio | Rioxano/a | ||
Estatuto de Autonomía | 9 de xuño de 1982 | ||
ISO 3166-2 | LO | ||
Representación parlamentaria - Congreso - Senado |
4 escanos 1 escanos |
||
Presidente | Pedro Sanz Alonso (PP) | ||
Goberno da Rioxa |
A Rioxa é unha Comunidade Autónoma do Norte de España, uniprovincial, sen costa, atravesada polo río Ebro. Limita co País Vasco e Navarra ao norte, con Aragón ao leste e con Castela e León ao sur.
A Rioxa ten 300.000 habitantes. Ten o nome do Río Oxa (na zona norte da comunidade), nomeando así unha extensa comarca que ocupa unha considerábel tramo do marxe dereito do Val do Ebro aos pés do Sitema Ibérico. A Rioxa administrativa e comarcal non coinciden exactamente, xa que a derradeira soleira co País Vasco, e a parte montañesa non sería Rioxa estricta.
A capital da Comunidade é Logroño, cidade duns 130.000 habitantes. Outras poboacións importatnes son: Calahorra, Haro, Alfaro, Santo Domingo da Calzada e Arnedo.
A Rioxa é coñecida internacionalmente pola fama dos seus viños, cunha denominación de orixe extendida tamén polo sur de Álava. Así mesmo é importante o Mosteiro de San Millán da Cogolla, onde se atoparon os escritos máis antigos que se conservan tanto en lingua castelá como en lingua vasca.